A Xunta destaca a importancia da prevención de riscos laborais ante a covid-19 no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Mié, 28/04/2021 - 08:30

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participaron hoxe en Lugo, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, na xornada A prevención de riscos laborais no Sector Forestal e a externalización dos procesos organizada pola Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (Lugo Madera).

Na súa intervención, Mancha lembrou que a Organización Internacional do Traballo (OIT) dedica este 28 de abril, Día da Seguridade e Saúde no traballo, a estimular o diálogo para que se invista máis en políticas de prevención e de riscos laborais “resilientes”, coa importancia que esta materia vén de acadar para previr a propagación da covid-19 nos espazos de traballo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57521/xunta-destaca-importancia-prevencion-riesgos-laborales-ante-covid-19-dia-mundial