1.000 prazas para formación industrial nos cursos ofertados por Asime para cualificación e recualificación da poboación activa no sector do metal

Mér, 05/10/2022 - 14:34

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, Asime, organiza un plan de cursos con capacidade para 1.000 prazas en 50 cursos de balde que se impartirán no que queda de ano e que busca ofrecer oportunidades de cualificación e recualificación da poboación activa no sector estratéxico que é a industria do metal e das súas tecnoloxías asociadas. O plan presenta un abano de curso presenciais, nas súas sedes de Vigo, Lugo e Narón, e tamén en liña. Enrique Mallón, salientou que o metal ten un déficit de 500 persoas para cubrir os pedidos e contratos pechados e necesita de forma permanente 800 traballadores e traballadoras.

Asime oferta 1.000 prazas en 50 cursos gratuitos en competencias industriais - ASIME - Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia