Balseiro clausura o obradoiro de emprego de Sarria que formou a 20 alumnos en dixitalización de documentos e urbanización

Xov, 01/08/2019 - 08:30

Un total de 20 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses nas especialidades de Gravación e tratamento de datos e documentos e nas de Albanelaría e urbanización de pavimentos, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 289.000 euros.

Hoxe tivo lugar o acto de clausura e entrega de diplomas no que participou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, xunto a outras autoridades. O alumando comezou a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluíu esta mesma semana.

Os traballos prácticos consistiron en tarefas de dixitalización e arquivo de documentos referentes ao Concello de Sarria, tanto o material histórico como o propio de xestión municipal (actas de plenos, de comisións de goberno, padróns de habitantes).

No relativo á segunda das especialidades, o persoal do obradoiro desenvolveu tarefas de mantemento e reposición das laxas de granito na rúa Maior e de acondicionamento de varios espazos públicos, como na zona das Insuas (campo de fútbol e área recreativa) e na zona do Chanto, na que se instalou unha pista de patinaxe (skate- board).

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/41996/balseiro-clausura-taller-empleo-sarria-que-formo-20-alumnos-digitalizacion-documentos