Conde pon como exemplo a xornada Connecting Galicia organizada por AJE Coruña para defender o traballo colectivo como a mellor fórmula para o impulso do emprendemento

Xov, 30/05/2019 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe a xornada Connecting Galicia organizada en Santiago de Compostela por AJE Coruña co obxectivo de brindar un espazo a emprendedores e autónomos onde poder intercambiar experiencias e facer novos contactos. Na súa intervención o conselleiro puxo en valor este tipo de networkings e asegurou que o traballo colectivo é a mellor fórmula para impulsar o emprendemento.

Conde incidiu na importancia do establecemento de contactos profesionais e relacións comerciais na apertura de novas vías de negocio e lembrou que desde a Xunta tamén se están fomentando os networkings con empresarios, emprendedores e autónomos de todos os concellos galegos para coñecer de primeira man as súas necesidades e adaptar as medidas ás súas demandas reais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40193/conde-pone-como-ejemplo-jornada-connecting-galicia-organizada-por-aje-coruna