Cursos de mellora das capacidades empresariais e a actualización de coñecementos

Xov, 19/12/2013 - 19:46
O obxectivo dos cursos é a mellora das capacidades empresariais e a actualización de coñecementos, especialmente para aqueles profesionais que acaben de iniciar a súa actividade e/ou se atopen na fase de consolidación do seu negocio.Para iso organízanse seminarios con diferentes entidades aos que poden asistir tódolos autónomos interesados. Oferta formativa A oferta formativa estrutúrase nas seguintes áreas: Seminarios xerais: formación para autónomos e profesionais independentes que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos de importancia para o seu negocio como a dirección e organización, a fiscalidade, a comercialización e captación de clientes, a xestión económica, etc. Seminarios específicos: formación específica para autónomos e traballadores da hostalaría, comercio retallista, profesionais liberais e do sector da construción que desexen mellorar os seus coñecementos e aptitudes en diferentes campos de importancia para o seu negocio. Formación on-line: oferta dun amplo catálogo de cursos que se realizan a través da Plataforma de Teleformación. Máis información aquí