O PORTO DE VIGO ACOLLERÁ UN CURSO DE FORMACIÓN GRATUÍTO EN TURISMO DE CRUCEIRO

Lun, 09/12/2013 - 19:19
Levarase a cabo o próximo 12 de decembro no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo e será impartido por expertos de renome en activo do sector. Está dirixido a profesionais da Comunidade Portuaria, hostalaría, ocio, guías, empresas turísticas, técnicos de turismo, estudantes e calquera profesional que desexe ampliar o seu coñecemento sobre esta industria. O curso, organizado pola propia Autoridade Portuaria de Vigo, ten por obxecto mostrar as claves desta industria para adquirir un mellor coñecemento desta. Desta forma, os profesionais do sector turístico local poderán achegarse a unha industria que cada ano move millóns de persoas en todo o mundo e estimula as economías das cidades destino de cruceiros. O evento, que se levará a cabo o próximo 12 de decembro, será impartido por expertos de renome en activo do sector. Está dirixido á Comunidade Portuaria, hostalaría, ocio, guías, empresas turísticas, técnicos de turismo, estudantes e calquera profesional que desexe ampliar o seu coñecemento sobre esta industria. A xornada terá unha duración de cinco horas e arrancará ás 9.00 horas coa inauguración por parte do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, que xa participou como relator no International Cruise Summit recentemente celebrado en Madrid. Tras a benvida do máximo responsable portuario aos asistentes, os relatores presentarán a estrutura e estado da industria, os grandes grupos de navieiras, o impacto económico desta, os destinos de cruceiros, os provedores das navieiras e mesmo se presentarán as oportunidades actuais de traballo en buques de cruceiros.