Igualdade

PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DA FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DA FORMACIÓN PARA O TRABALLO.

A igualdade entre homes e mulleres é un principio xurídico de carácter universal, e así recóllese tanto na Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 como na Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller, aprobada por la Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 1979 e ratificada no ano 1983 polo Estado Español.

DESCARGA ELENCO NORMATIVIA EN MATERIA DE IGUALDADE

 

LEI ORGÁNICA 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Mais información en: http://www.boe.es

Artigo 46. Concepto e contido dos plans de igualdade das empresas

  1. Os plans de igualdade das empresas son un conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico de situación, que tenden a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. Os plans de igualdade fixarán os concretos obxectivos de igualdade que se prevé alcanzar, as estratexias e prácticas que se van adoptar para a súa consecución, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados.
  2. Para a consecución dos obxectivos fixados, os plans de igualdade poderán recoller, entre outras, as materias de acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción e formación, retribucións, ordenación do tempo de traballo para favorecer, en termos de igualdade entre mulleres e homes, a conciliación laboral, persoal e familiar, e prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.
  3. Os plans de igualdade incluirán a totalidade dunha empresa, sen prexuízo do establecemento de accións especiais adecuadas respecto a determinados centros de traballo.

PLAN DE IGUALDADE

INFORME DE DIAGNÓSTICO