GALICIA DESTACA NA UNIÓN EUROPEA POLA INNOVACIÓN

Lun, 31/03/2014 - 11:47
A Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 converterá a Galicia nunha economía baseada na innovación en 2020, terá un investimento de máis de 1.600 M€ en fondos europeos e capital privado nos vindeiros 7 anos e as pemes serán as destinatarias do 75% dos programas. É unha ferramenta que permitirá acadar emprego cualificado, captar talento, apoiar ao emprendemento e seguir a folla de ruta marcada pola Unión Europea, xa que foi cualificada como excelente polo comisario europeo de Política Rexional e como unha das mellores que recibiu Bruxelas. Ademáis, en outubro, a Unión Europea recoñeceu o rigor, a planificación e a xestión en Galicia, ao aprobar por unanimidade o ditame presentado polo Presidente sobre xestión eficiente de fondos. A aposta da Xunta pola innovación amplíase tamén a outros proxectos (Lei de Fomento da Investigación e Innovación de Galicia, Interconnecta, Hospital 2050)