Programa Internacional para a Avaliación das Competencias da poboación adulta
Dom, 20/10/2013 - 17:00
El Programa Internacional para a Avaliación das Competencias da poboación adulta (PIAAC, nas súas siglas en inglés) é unha enquisa que trata de valorar o grao e distribución das destrezas da poboación adulta ao longo da súa vida laboral (16 a 65 anos).
Trátase dunha iniciativa da OCDE que en España se levou a cabo conxuntamente polo Instituto Nacional de Evaluación Educativa (Ministerio de Educación) e a Subdirección Geneeral de Políticas Activas de Empleo (Ministerio de Empleo), e actuando a Fundación Tripartita en apoio ao SEPE.
Los objetivos PIAAC son:
1.- Identificar e medir as competencias cognitivas que subxacen tanto no éxito persoal como social
2.- Avaliar o impacto destas competencias nos resultados sociais e económicos a nivel individual e por subgrupos de interese
3.- Avaliar a eficacia dos sistemas de educación e formación na xeración de competencias necesarias; e
4.- Axudar a clarificar os instrumentos políticos que poderían contribuír a mellorar as competencias.
A enquisa de competencias da poboación adulta, un produto deste programa, deseñouse para proporcionar información sobre algunhas das competencias esenciais na sociedade e como estas se utilizan no ámbito laboral e cotián. Trátase dunha avaliación directa da comprensión lectora (CL), as matemáticas (CM) e a resolución de problemas en ámbitos informatizados (esta última non en todos os países), habilidades consideradas "clave" no procesamento de información, xa que son:
- necesarias para a plena integración e participación no mercado laboral, nos sistemas de educación e formación, así como na vida social e cidadá
- altamente transferibles, pois son relevantes en múltiples campos sociais e situacións de traballo, e
- susceptibles de aprenderse e, polo tanto obxecto de actuación no ámbito da acción política.
Resultados Globais e características do estudio
