Programa formativo empoderamento e liderado feminino - IMPULSA -

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
 

LIDERA A TÚA MELLORA PROFESIONAL

IMPULSA

Programa Formativo Empoderamento e liderado Feminino

 

DO 9 DE MARZO AO 19 DE ABRIL. 6 HORAS SEMANAIS. FORMACIÓN ONLINE.

“Empoderamento e liderado feminino” é programa formativo virtual para mellorar a empregabilidade e liderar con mais recursos e ferramentas a traxectoria profesional das mulleres residentes en Galicia.

O programa formativo está composto por obradoiros, masterclass, grupos de traballo, sesión de networking e grupos de acción para abordar as novas perspectivas do mercado laboral, coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego. Tomar conciencia das tendencias nos sectores emerxentes.

Con temas de tendencias como son a Silver  Economy, a economía circular o turismo  rexenerativo, xunto con mais temáticas para aportar recursos e ferramentas as usuarias.
O programa desenvólvese na modalidade virtual, a través da plataforma  zoom e con sesións en directo. Consulta e descarga o programa para anotar as datas e as horas, está ao final da esta web.

Ante calquera dúbida ou para mais información a través de info@fpgft.gal  o no teléfono 981 545 695

 

Cartel Litera feminino -impulsa-_Mesa de trabajo

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Se es muller, tes máis de 18 anos, resides en Galicia e tes ganas de mellorar o teu perfil profesional.

 

METAS

  1. Aportar novas perspectivas do mercado laboral.
  2. Coñecer novos enfoques de emprego e autoemprego.
  3. Tomar conciencia das tendencias nos sectores emerxentes.
  4. Saber posicionarse na realidade actual nestes tempos caracterizados por seren volátiles, incertos, complexos e ambiguos.

 

OBXECTIVOS
 

  1. Fomentar un proceso de cambio e aprendizaxe en áreas persoais e profesionais.
  2. Coñecer e desenvolver un conxunto máis amplo de recursos e ferramentas para facilitar o crecemento profesional e persoal.
  3. Tomar conciencia do valor e do impacto que produce o traballar e adestrarse nun desenvolvemento de competencias.
  4. Orientar cara ao logro. Necesidade de facer as cousas de forma diferente para obter mellores resultados.
  5. Desenvolver a profesionalidade, responsabilidade persoal e excelencia como valores / competencias de diferenciación.
  6. Xerar unha maior actitude de auto-valía, auto-recoñecemento e de superación.

 

METODOLOXÍA (virtual)

  1. Obradoiros en directo, impartidas por profesionais de gran relevancia.
  2. Masterclasses en temáticas de actualidade e en tendencias de diversos sectores tanto pola transcendencia como polo impacto que están a xerar.
  3. Grupos de traballo para desenvolver e levar á práctica exercicios e dinámicas que fomenten sinerxías e aprendizaxes significativos, a través de metodoloxías áxiles.
  4. Espazo de Networking entre as asistentes ao programa para mellorar a rede de contactos.
  5. Casos e experiencias: relatos de mulleres que son fonte de inspiración para emprender, para apostar por cambios, para ter ideas.
  6. Grupos de acción: divídese as 100 participantes en grupos de 25 persoas nos que se traballará de forma mais personalizada, con dinámicas, actividades e tarefas de desenvolvemento persoal e profesional.
  7. Módulos de reforzo albergados na plataforma e-learning para profundizar e seguir traballando no desenvolvemento de competencias profesionais.

 

Descarga o calendario de actividades


Unha vez cuberto o formulario de inscrición, é importante ir o seu email para confirmar a inscrición. Chegará un email co asunto: Programa Empoderamento - Importante: confirma túa inscrición. Mira en spam, notificacións, promocións. Abre o correo e prema no botón de confirmar. Este paso é moi importante para quedar rexistrada.