A nova Axenda de Emprego de Galicia contará con case 200 M€ para dar resposta ao novo escenario laboral poscovid-19

Mar, 23/06/2020 - 08:30

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe de que o Consello da Xunta avaliou a nova Axenda de Emprego 2021 “para facer fronte ás necesidades e ao impacto no paro que está tendo a recesión económica que se está iniciando".

Nesa liña, a nova Axenda de Emprego 2021 contará cun orzamento de 196,7 millóns de euros e prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán máis de 65.000 galegos e galegas. Máis polo miúdo, o presidente da Xunta detallou que esta nova iniciativa engloba cinco eixes de actuación.

O primeiro eixe está centrado na transición cara o novo contexto laboral con iniciativas como incentivos á contratación ou axudas complementarias a persoas incluídas en ERTE por causas económicas e ás persoas maiores de 55 anos que perderon o seu emprego como consecuencia da crise da covid.

En canto ao segundo eixe, cun orzamento de 2,3 millóns de euros, busca a recuperación da confianza e da seguridade laboral a través da formación ás empresas e de guías e asesoramento en seguridade e saúde laboral.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/49799/nova-axenda-emprego-galicia-contara-con-case-200-para-dar-resposta-novo-escenario?langId=gl_ES