Febreiro 2014

21/02/2014

Traballo apoia o emprendemento como “motor para a dinamización económica e a xeración de emprego”

O departamento autonómico investiu máis de 122 millóns de euros ao longo dos últimos catro anos para apoiar a actividade de 18.000 autónomos e emprendedores con diferentes liñas de axudas

18/02/2014

Feijóo anuncia que o vindeiro xoves a Xunta aprobará o Plan de emprego xuvenil 2014-15 que mobilizará 100m€ para impulsar a formación, a contratación e o emprendemento entre os menores de 30 anos.

Explica que se trata dunha estratexia para facer fronte ás altas taxas de desemprego entre a mocidade galega, que beneficiará a 95.000 persoas.

17/02/2014

Traballo blinda este ano con 63 millóns de euros a formación destinada a persoas desempregadas

Esta actuación acadou ata o de agora a sinatura dun total de 55 contratos para os que se investiron 160.000 euros.

12/02/2014

crease a Comisión Paritaria de Formación Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outorga a competencia relativa á aprobación, seguimento e control na negociación dos plans de formación continua promovidos polas entidades locais e federación ou asociación de entidades locais.

10/02/2014

Traballo crea unha canle de vídeos do cooperativismo galego para promover os seus produtos e servizos en Youtube

A devandita canle leva o nome das ‘Cooperativas de Galicia’ e pretende agrupar e dinamizar a videoteca do cooperativismo galego para facela accesible desde calquera dispositivo, en calquera punto xeográfico e en calquera momento

07/02/2014

Publicada a convocatoria de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral,

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partires do día 23 de xaneiro de 2014

07/02/2014

Alemania busca traballadores de Vigo.

Ofrece traballo para fontaneiros e carpinteiros.