O metal galego oferta 3.000 empregos, e sen esixir cualificación nin experiencia

Xov, 20/12/2018 - 08:30

metal volve a ser un sector forte en Galicia, que medra a dobre díxito en facturación, movendo 6.825 millóns no primeiro semestre do ano (un 25 % máis que no mesmo periodo do 2017). Pero non logra medrar en emprego. As 3.919 empresas de todas as actividades que integran esta industria (dende o naval á automoción, pasando pola aeronáutica, a maquinaria ou as estruturas eólicas) dan traballo a 65.145 persoas en toda Galicia, só un 1 % máis.

Así mesmo, a patronal galega do metal, leva meses dando a voz de alarma, avisando da falta de man de obra, especialmente na industria auxiliar do naval e tamén no automóvil.

Este lunes, o secretario xeral desta organización, Enrique Mallón, foi contundente na mensaxe: coa carga de traballo que está contratada, o sector metalúrxico galego incrementará nun periodo de 12 meses un 5 % o volume do emprego actual, chegando ata 3.000 empregos novos.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2018/10/02/metal-gallego-ofrece-3000-empleos-exigir-cualificacion-experiencia/0003_201810G2P30991.htm