Dende o exercicio 2010, a Fundación ten elaborados diversos informes, estudos e propostas relacionados coa Formación para o Emprego. Estes informes e estudos teñen como obxectivo a análise da información existente e a creación de ferramentas útiles para contribuír á difusión entre empresarios e traballadores do sistema de formación para o emprego. O obxectivo é propoñer criterios orientativos para a elaboración de plans e actuacións de mellora en materia de formación para o emprego.
