O Programa Integrado da Xunta 'Insere Máis' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas

Lun, 28/10/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en Mos aos participantes do Programa Integrado de Emprego Insere Máis que organiza a Asociación de Empresarios de Mos e que celebra a súa novena edición. A iniciativa está permitindo que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral.

O programa integrado de emprego, cuxo ámbito de actuación abrangue Vigo, O Porriño e Mos, inclúe formación con acceso a un certificado profesional, ademais de actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O obxectivo adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 45%, que xa foi superado.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44225/programa-integrado-xunta-insere-mais-mejora-las-competencias-profesionales-100