O programa integrado da Xunta ‘Terras de Iria V’ forma a 100 persoas desempregadas nos sectores do metal, comercio, hostalería e servizos

Xov, 31/10/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, clausurou hoxe en Dodro o Programa Integrado de Emprego Terras de Iria V promovido polos concellos de Dodro, Padrón e Rois. A iniciativa permitiu a un cento de persoas sen emprego recibir formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral en sectores como o metal, o comercio, a hostalería e os servizos.

O programa integrado de emprego combina a formación con acceso a un certificado profesional con actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. Nestes momentos, 65 das persoas participantes xa se atopan traballando.

Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 40 programas integrados co compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44262/programa-integrado-xunta-terras-iria-forma-100-personas-desempleadas-los-sectores