O programa "Profesionais 4.0" impulsado pola Xunta apoia a contratación por autónomos e empresas de mozas e mozos recentemente titulados
Ven, 30/08/2019 - 08:30
A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha, a través do Igape, un programa pioneiro co que se busca impulsar a contratación de mozos e mozas de ata 35 anos no eido da Industria 4.0.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa está destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral das persoas recentemente tituladas, en concreto, aquelas que conten con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP) e unha experiencia inferior aos dous anos.
“O programa nace cun triplo obxectivo: reter talento na Comunidade, favorecer o desenvolvemento da carreira profesional da xente moza e apoiar o tecido empresarial”- dixo Balseiro.
