O Servizo Galego de Saúde formará ao maior número de profesionais especialistas de atención primaria da súa historia

Mar, 09/07/2019 - 08:30

O Servizo Galego de Saúde ven de trasladar ao Ministerio de Sanidade a maior oferta de prazas para a formación de profesionais especialistas de atención primaria da súa historia. Na comparativa da nova convocatoria actual coa do ano anterior, rexístrase un incremento importante na formación para as especialidades de pediatría, medicina de familia e enfermería familiar e comunitaria que se financiarán ao 100% polo Sergas.

En concreto, o Sergas prevé ofertar un total de 129 prazas para a formación de médicos de familia, é dicir, 24 prazas máis que en 2018 o que supón un incremento do 22,8%.

Con respecto de pediatría, o Sergas plantexa ofertar 27 prazas. Esta oferta incrementaría nun 35% á do ano anterior, con sete prazas máis. As prazas de formación desta especialidade non se incrementaban dende 2013.

Tamén as prazas de enfermería familiar e comunitaria rexistran un aumento. Nestas categorías en concreto, o Sergas solicita a formación de 34 profesionais desta especialidade, isto é, un 61,9 % con respecto ao ano anterior, cando se ofertaron 21 prazas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/41149/servizo-galego-saude-formara-maior-numero-profesionais-especialistas-atencion