Curso de Mediación en Conflitos Xuvenís, en Santiago de Compostela

Mar, 03/12/2013 - 15:57
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Mediación en Conflitos Xuvenís no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, en colaboración cos centros Quérote+, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013. Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema. Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove. Número de horas: 20 horas. Nº de prazas: 30. Obxectivo: Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís. Contidos: O conflito como proceso e oportunidade para o cambio. Educar para a convivencia e prevención de conflitos Comprender e analizar as situacións de conflito A mediación como extratexia na solución de conflitos. Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial. Avaliación: O alumnado terá que realizar unha serie de fichas de traballo con preguntas e actividades sobre cada un dos módulos de contido, que se complementarán cun traballlo final. Datas de realización: O curso desenvolverase do 18 de decembro de 2013 ao 15 de xaneiro de 2014. Xornadas presenciais: A sesión presencial terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela o día 18 de decembro de 2013 en horario de 10 a 14 h. Prazo e lugar de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 h do 12 de decembro de 2013. MÁIS INFORMACIÓN