A Xunta abre o día 27 de febreiro o prazo de solicitude para as probas de avaliación en competencias clave.

Mér, 28/02/2018 - 08:30

Estas probas de avaliación permiten aos beneficiarios que non teñan un nivel determinado de formación acreditada acceder a aqueles cursos de formación vinculados a certificados de profesionalidade. Estes exames, polo tanto, diríxense ás persoas que non posúen os requisitos de formación básica (ESO para o nivel 2 ou Bacharelato para o 3) requiridos para acceder aos cursos dos certificados de profesionalidade, co fin de que a través destas probas podan demostrar que posúen os coñecementos e capacidades básicas que lles permitan acceder e cursar con aproveitamento esta formación para o emprego.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/28511/xunta-abre-mana-prazo-solicitude-para-probas-avaliacion-competencias-clave