A Xunta abre o prazo de solicitude de Emprega Xuventude para apoiar a contratación e a formación dos menores de 30 anos

Lun, 22/04/2019 - 08:30

El plazo para presentar las solicitudes para optar a las ayudas del programa Emprega Xuventude ya está abierto. El Diario Oficial de

O prazo para presentar as solicitudes para optar ás axudas do programa Emprega Xuventude xa está aberto. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria desta iniciativa á que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2 millóns de euros para impulsar a formación e incentivar con 3000 euros os contratos dun ano de duración, que acadarán o dobre (6000€) no caso de contratos indefinidos.

O programa inclúe, por unha banda, un bono formación ás persoas sen emprego para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial incentivándose con 2000 euros a cualificación dos traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas.

Por outra parte, ofrécense incentivos á contratación ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. As contías varían segundo o programa aínda que aumentarán nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

Estímase un número de beneficiarios de 330 menores de 30 anos. As solicitudes en todos os programas resolveranse seguindo a orde de presentación, é dicir, será por concorrencia non competitiva.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/39192/xunta-abre-plazo-solicitud-emprega-xuventude-para-apoyar-contratacion-formacion