A Xunta achega o Polo Aeroespacial de Galicia a 180 mozos e mozas galegos para espertar neles as vocacións científico-tecnolóxicas

Mar, 10/03/2020 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá, durante o Open day celebrado hoxe, a importancia de achegar o Polo Aeroespacial de Galicia aos mozos e mozas galegos para espertar neles futuras vocacións STEM: “Queremos achegarnos ao talento mozo para sumar vocacións e que os máis novos identifiquen as oportunidades de futuro que para o seu desenvolvemento profesional ofrece este sector”, asegurou.

A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia e, ao mesmo tempo, visibilizar o traballo que se está realizando no ámbito dos vehículos áereos non tripulados e espertar nos máis novos a súa curiosidade polas vocacións
científico- tecnolóxicas.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47870/xunta-acerca-polo-aeroespacial-galicia-180-jovenes-gallegos-para-despertar-ellos?langId=es_ES