A Xunta activa un programa integrado para desempregados nos concellos de Cuntis, Caldas, Moraña, Portas e Barro

Mar, 05/11/2019 - 08:30

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,destacou esta mañá que 100 desempregados dos concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Portas e Barro beneficiaranse dun novo programa integrado para desempregados que pon en marcha a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Deste xeito, o programa, que acaba de comezar este mesmo mes, favorecerá aos veciños destes cinco concellos que presentaron un proxecto conxunto, cun investimento de 250.000 euros. Os alumnos procederán das Oficinas de Emprego, e o control e seguimento dos cursos será responsabilidade da administración autonómica.

Deste xeito, a Xunta porá en marcha nas próximas semanas na provincia de Pontevedra un total de 11 programas integrados de emprego, dos cales 13 son de concellos (un deles conformado por cinco municipios), un da Mancomunidade do Salnés e outro da Fundación Cultural da Estrada. Cada curso beneficiará a 100 participantes. O orzamento para toda a provincia de Pontevedra supera os 2,5 millóns de euros.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44439/xunta-activa-programa-integrado-para-desempleados-los-ayuntamientos-cuntis-caldas?langId=es_ES