A Xunta amosa a súa aposta polas novas formas de economía que promoven o emprego de calidade

Mar, 29/10/2019 - 08:30

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, abriu esta mañá en Vigo a xornada Novas economías: é colaboración todo o que parece? na que destacou a importancia de coñecer as novas realidades que xiran en torno a conceptos como a economía social, a circular, a colaborativa ou a solidaria, e o compromiso da Xunta pola economía social xa que promove o emprego de calidade.

A xornada tiña como obxectivo aclarar os conceptos destas novas formas de economía a través dunha metodoloxía activa e participativa onde tamén tiveron cabida casos reais e boas prácticas de cooperativas, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

A secretaria xeral trasladou o compromiso do Goberno galego neste eido con iniciativas como a Lei de Economía Social de Galicia ou a posta en marcha da primeira Estratexia de Economía Social que pretende sumar capacidades, sustentabilidade e identidade para fomentar este modelo. O obxectivo é incrementar as entidades da economía social activas, aumentar os empregos vinculados, conseguir máis mulleres promotoras e reducir o tempo de constitución deste tipo de entidades.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44224/xunta-muestra-apuesta-por-las-nuevas-formas-economia-que-promueven-empleo-calidad?langId=es_ES