A Xunta apoia con 250.000 euros o programa integrado de emprego promovido por oito concellos lugueses no que se formarán 100 persoas sen traballo

Mér, 06/11/2019 - 08:30

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia con 250.000 euros (case o 90% do custo total) o programa integrado de emprego promovido por oito concellos lugueses –os de Outeiro de Rei, Rábade, Friol, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Mondoñedo- no que se formarán 100 persoas sen traballo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, acompañado das alcaldesas e alcaldes dos respectivos concellos, deu conta esta mañá en rolda de prensa da recente resolución e das características deste programa que terá un ano de duración, previsiblemente ata finais de outubro de 2020.

A iniciativa está enfocada a mellorar a ocupación dos desempregados e establece como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 35% dos seus participantes. O plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza -como información, orientación, asesoramento e formación- combinadas con prácticas laborais.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/44441/xunta-apoya-con-250-000-euros-programa-integrado-empleo-promovido-por-ocho-ayuntamientos