A Xunta apoia con case 268.400 euros a contratación de 34 perceptores da Risga en cinco concellos do Salnés
O Goberno galego apoiará en 5 concellos da comarca do Salnés a contratación de 34 perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA). Para iso, investirá ao redor de 268.400 euros.
Tal e como explicou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, estas axudas están dirixidas a concellos ou agrupacións de concellos coas que, ademais de promover a contratación na Administración local, búscase incrementar as oportunidades laborais das persoas en risco de exclusión social.
O importe medio da axuda concedida por traballador é de 8747 euros, case un 4% máis que o ano pasado. Na contratación terán preferencia, ao igual que nas últimas dúas edicións deste programa, aquelas persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral, os maiores de 45 anos e as que teñan cargas familiares.
