A Xunta apoia máis de 330 iniciativas de ecoinnovación comercial que mobilizarán preto de 800.000 euros

Ven, 28/08/2020 - 08:30

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe en San Cristovo de Cea (Ourense) a empresa Soluciones Técnicas Esdinela, unha das empresas beneficiarias das axudas para impulsar a ecoinnovación comercial que vén de conceder a Xunta, coas que se apoian 331 iniciativas que mobilizarán preto de 800.000 euros, cunha axuda pública de máis de 550.000 euros.

Mediante esta orde de axudas, das que se benefician 299 comerciantes e artesáns e 32 centros comerciais abertos e asociacións de praceiros, apóiase a posta en marcha de proxectos de economía circular; solucións sustentables de empaquetado de produto coa utilización de materiais cen por cen biodegradables; ou a instalación de máquinas de reciclaxe de envases.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51088/xunta-apoya-mas-330-iniciativas-ecoinnovacion-comercial-que-movilizaran-cerca