A Xunta apoia o uso das tecnoloxías innovadoras na industria forestal para que creza ofrecendo un carácter diferenciador

Mar, 22/01/2019 - 08:30

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, visitou en Salvaterra do Miño a empresa Casabio, onde ratificou o apoio da Xunta ao uso das novas tecnoloxías e a aplicación de solucións innovadoras neste ámbito para que esta actividade industrial continúe crecendo ofrecendo ao mercado produtos singulares de alto valor engadido e con carácter diferenciador.

Lema puxo de exemplo a esta compañía que combina a innovación tecnolóxica coa construción tradicional da madeira ofrecendo proxectos de vivendas baseados en principios respectuosos co medio ambiente e favorecendo, deste xeito, a sustentabilidade a través do emprego de materiais naturais tanto na estrutura, na que empregan madeira, como nos aillamentos e nos acabados.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/36791/xunta-apoya-uso-las-tecnologias-innovadoras-industria-forestal-para-que-crezca