A Xunta aposta polo talento galego con axudas de ata 24.000 euros para iniciativas de emprego de base tecnolóxica

Mér, 08/08/2018 - 08:30

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou hoxe na Cidade da Cultura a empresa Emérita Legal, que se empraza no Centro de Emprendemento do Gaiás, onde coñeceu a actividade que desenvolve a compañía baseada nun comparador cualitativo de avogados con datos obxectivos de casos reais a través dunha plataforma tecnolóxica.

Toca destacou a importancia de apoiar en Galicia o talento e, deste xeito, recordou que a Xunta ten en marcha neste ámbito diversos mecanismos como o programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cuxo prazo de solicitude acaba o 1 de outubro. De feito, a empresa Emérita Legal foi beneficiaria este ano destes apoios cos que se pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e con amplos coñecementos das novas tecnoloxías.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/32884/xunta-aposta-polo-talento-galego-con-axudas-ata-24-000-euros-para-iniciativas