A Xunta aposta por un novo modelo de orientación laboral aberta a través das novas tecnoloxías

Mar, 22/10/2019 - 08:30

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe na presentación do programa de formación en orientación laboral aberta, que se enmarca na sexta edición dos cursos de introdución, posgrao e avanzados que o Consorcio para o desenvolvemento e aplicación de xestión universitaria celebra co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No acto, o director xeral destacou a aposta do Goberno galego por impulsar un novo modelo de orientación laboral aberta que achegue o servizo aos usuarios tanto de xeito presencial como a través das novas tecnoloxías.

Tal e como explicou, a Axenda20 contempla, entre os seus obxectivos prioritarios, a mellora do servizo de orientación tanto para as persoas demandantes de emprego, como para as empresas. Para conseguilo é necesario reforzar a formación continua do persoal técnico.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/43941/xunta-aposta-por-novo-modelo-orientacion-laboral-aberta-traves-das-novas-tecnoloxias