A Xunta concede dous novos obradoiros de garantía xuvenil no Salnés

Mar, 20/08/2019 - 08:30

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou hoxe sobre a concesión de dous novos obradoiros de garantía xuvenil para a comarca d

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/42337/xunta-concede-dous-novos-obradoiros-garantia-xuvenil-salnes?langId=gl_ESo Salnés, un en Vilagarcía de Arousa e outro en Cambados que formarán a un total de 32 menores de 30 anos.

Tal e como explicou Cores Tourís, este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

Na provincia de Pontevedra acaban de ser aprobados seis obradoiros de garantía xuvenil, dous dos cales desenvolveranse nestes concellos do Salnés.
Cambados desenvolverá un obradoiro, “Cambados Emprededor”, centrado en dúas áreas, unha dedicada a montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos e outra á programación de actividades culturais para o outono-inverno. Cada un destes cursos contará con 8 alumnos, aos que hai que sumar un director, dous docentes, un titor e un administrativo.