A Xunta destaca que o Plan de financiamento empresarial de Galicia contribúe a que as pemes gañen tamaño
Xov, 28/11/2019 - 08:30
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, en Santiago de Compostela, durante o IV Foro Alternativas de financiamento para o crecemento e a internacionalización, a contribución do Plan de financiamento empresarial de Galicia para que as pemes gañen en tamaño e competitividade.
Conde expuxo que no contexto actual de incerteza política e desaceleración económica as empresas deben abordar unha transformación interna e unha proxección externa que lles permita manter a súa competitividade e lembrou que a Xunta apoia esta evolución a través de diferentes instrumentos.
