A Xunta destaca que traballa para manter unha Galicia competitiva e igualitaria a través da creación de emprego de calidade

Xov, 16/07/2020 - 08:30

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Ourense na presentación do proxecto Emprende Makers co que se busca fomentar a creación de empresas innovadoras impulsadas por mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O reto é aproveitar os centros de fabricación dixital como pancas do emprendemento innovador.

Toca destacou o apoio da Xunta a este tipo de proxectos que buscan o desenvolvemento de ferramentas que perfilen a creación dun ecosistema emprendedor aproveitando as ferramentas da Industria 4.0. En palabras da secretaria xeral de Emprego, o fin último é a creación de emprego de calidade.

A responsable de Emprego, así mesmo, sinalou que a vía para crear emprego de calidade é escoitar propostas e atender as necesidades reais e puntuais axustadas ao contexto actual. Así, indicou que a Xunta traballa para manter unha Galicia competitiva, responsable, inclusiva e igualitaria na que as empresas e a administración traballen cara a unha sociedade responsable e un desenvolvemento sostible, no contexto da dixitalización.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/50305/xunta-destaca-que-trabaja-para-mantener-una-galicia-competitiva-igualitaria-traves?langId=es_ES