A Xunta fomenta o emprego no rural coa contratación de 13 persoas desempregadas nos concellos do Salnés
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2018, da que se beneficiarán 13 persoas desempregadas de 6 municipios do Salnés.
A Administración autonómica impulsa, deste xeito, o emprego no eido rural destinando máis de 6 millóns de euros a incentivar a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para que realicen tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes.
Na provincia de Pontevedra beneficiáronse 41 concellos, 3 deles emprendedores (Mos, Arbo e Moraña), con case 975.000 euros que permitirán a contratación de 84 traballadores. Ningún Concello Emprendedor que solicitou a axuda quedou sen ela e, de media, recibiron ao redor de 22.000 euros máis que o resto de concellos beneficiarios (o dobre de axudas) e puideron contratar a dous traballadores máis que o resto de municipios.
