A Xunta impartirá 8 obradoiros na comarca da Coruña para formar a 160 alumnos cun investimento de máis de 2,7M€

Lun, 23/11/2020 - 08:30

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou, esta mañá da resolución dos obradoiros de emprego que a Xunta de Galicia financiará na convocatoria 2020-2021. O representante do Goberno autonómico anunciou estes novos talleres de formación na clausura dos obradoiros que se impartiron en 2019 e 2020 pasado en Betanzos e Oza-Cesuras.

O representante da Xunta destacou que na comarca da Coruña está prevista a realización de oito cursos de formación todos de carácter ordinario e dual, concretamente os ordinarios celebraranse en Sobrado compartido con Curtis e Vilasantar; en Oza-Cesuras compartido con Coirós; en Oleiros; en Miño compartido con Cabanas, Pontedeume, Monfero e Paderne; en Cambre; en Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; en Arteixo e en Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras, Paderne e Sada.

Os cursos que se impartirán son moi variados: actividades de conservación de montes e xardinería, atención sociosanitaria a dependentes, revestimentos en construción, limpeza e instalacións industriais e espazos abertos, confección e publicación de páxinas web e pintura industrial en construción.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53271/xunta-impartira-8-obradoiros-comarca-coruna-para-formar-160-alumnos-cun-investimento?langId=gl_ES