A Xunta impartirá tres obradoiros en Muxía, A Laracha e Vimianzo para formar a 56 alumnos cun investimento de máis de 1M€

Mér, 25/11/2020 - 08:30

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou esta mañá o obradoiro xuvenil que comezou fai unhas semanas en Vimianzo,. En total, estanse a formar a 16 alumnos en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería grazas a unha achega da Xunta de máis de 369.000 euros.

O representante da Xunta na Coruña destacou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte está prevista a realización de tres obradoiros dous ordinarios duais e un de garantía xuvenil. Concretamente os ordinarios celebrarase en Muxía, compartido con Camariñas e Vimianzo e outro na Laracha e o de garantía xuvenil iniciouse xa en Vimianzo. A Xunta achega máis dun millón de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.

O curso de Muxía formará a 20 alumnos en promoción turística local e información ao visitante e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes; o curso da Laracha centrarase en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes e en traballos de carpintería e moble e o de garantía xuvenil de Vimianzo en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/53398/xunta-impartira-tres-talleres-muxia-laracha-vimianzo-para-formar-56-alumnos-con