A Xunta impulsa o crecemento do comercio galego para impulsar a súa competitividade e a creación de emprego de calidade

Mér, 27/06/2018 - 08:30

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou esta mañá na Coruña o novo establecemento comercial de La Octava, aberto no marco do programa de expansión comercial impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Tal e como salientou Vázquez Abeal, a través desta convocatoria a Xunta busca impulsar a competitividade do sector e contribuír á creación de emprego de calidade.

Despois de máis de sete anos de traxectoria ininterrumpida en Ferrol, La Octava decidiu medrar coa apertura dunha nova tenda na rúa coruñesa Federico Tapia. O obxectivo deste negocio era crear unha concept store acorde coas novas tendencias do mercado, ofrecendo aos seus clientes unha nova experiencia no proceso de compra.

Ademáis de prendas de vestir, calzado e accesorios de moda, no novo establecemento poderán atopar un espazo dedicado a artigos de decoración para o fogar e mesmo cosmética natural, cunha estética e unha colocación de produto moi coidada sen esquecer o trato personalizado e coidado ao cliente .

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/31602/xunta-impulsa-crecemento-comercio-galego-para-impulsar-sua-competitividade-creacion