A Xunta pon en marcha o Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores cunha traxectoria consolidada

Lun, 10/09/2018 - 08:30

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello da posta en marcha do novo Programa Talento Sénior para impulsar o retorno de investigadores doutores e profesionais de alta cualificación con traxectorias consolidadas na área de I+D+I. Desenvolverán, dixo, proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitario e centros tecnolóxicos.

Durante a súa intervención, Feijóo precisou que esta iniciativa está dirixida a persoas con máis de cinco anos de experiencia, co obxectivo de chegar a unhas 15 contratacións e cun investimento inicial de preto dun millón de euros, ampliable.

Deste xeito, as entidades interesadas contarán cun incentivo de 64.000 euros por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos, e deberán achegar ao profesional que se incorpore ao organismo un salario de cando menos 40.000 euros brutos por anualidade.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/33341/xunta-pon-marcha-programa-talento-senior-para-impulsar-retorno-investigadores