Arranca a maior oferta de emprego nunha década, con case 31.000 prazas

Xov, 02/08/2018 - 08:30

«Es la mayor creación de empleo desde el 2008», asegurou a ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, este venres na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Resumía así a convocatoria de emprego público á que o Executivo vén de dar luz verde. Case 31.000 postos de traballo, a maior oferta de emprego público na última década, dende que comenzou a crise.

O Goberno estruturou a convocatoria para este ano a través de tres reais decretos: un coa oferta pública de emprego propiamente dita, outra convocatoria extraordinaria para reclutar persoal para atender a asilados y refuxiados e un terceiro para estabilizar aos traballadores temporais na Administración Xeral do Estado e na Xustiza. En total suman 23.156 prazas, ás que hai que sumar outras 7.688 convocadas o pasado mes de abril para docentes e cuerpos e forzas de seguridade do Estado, co que en conxunto suman 30.844 postos.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/27/gobierno-convoca-30844-plazas-ano-mayor-oferta-decada/00031532709055110864210.htm