Caen os traballadores afectados por EREs no mes de xaneiro

Xov, 27/03/2014 - 08:53
Os datos de xaneiro confirman a tendencia do ano 2013 de redución dos traballadores afectados por EREs na Comunidade. Galicia pechou o pasado exercicio cunha caída dos EREs do 22,59%, por riba da media nacional (21,38%). Este descenso nos sitúa coma a oitava Comunidade na que máis se reduciron os EREs. Sen embargo, ao ser un mes só, o dato de xaneiro non é o suficientemente significativo como para sacar conclusións sobre cal é a posición real de Galicia respecto do resto de Comunidades Autónomas. De feito, Galicia foi a oitava comunidade autónoma na que máis descenderon os expedientes de regulación en 2013. Ademais, tamén hai que ter en conta a distribución dos afectados. Dos 1.866 traballadores aos que se lles aplicou un ERE en Galicia no mes de xaneiro, tan só 137 (o 7,34%) o foron por despedimento colectivo. Isto supón que o 92,66% de afectados por EREs na comunidade, o foron por medidas de flexibilidade (suspensión temporal ou redución de xornada). Así mesmo, os afectados en Galicia caeron en todas as tipoloxías de expedientes de regulación do mes de xaneiro: os traballadores afectados por EREs de extinción (cun descenso do 58,73%); por expedientes de suspensión (-41,35%); e por redución de xornada (-55,35%).