DESCRIPCIÓN
Programa formativo para a mellora da empregabilidade de persoas menores de 30 anos (e de 30 a 35 anos hasta esgotar prazas).
CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN
Residir en Galicia e atoparse en situación de desemprego.
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN
10 de maio de 2021
HORAS DE DEDICACIÓN AO PROGRAMA:
Mínimo de 15 e máximo de 40 (todas as persoas recibirán un certificado acreditativo)
PROGRAMA (descargue programa completo aquí)
-
FERRAMENTAS PARA A CONTORNA LABORAL
(15 horas no mes de maio a través de zoom)
Traballaremos o cavas persoal e as competencias profesionais; falaremos coas persoas que nos contratan de como nos valoran e con mozos que apostaron polo emprendemento e faremos un storytelling dunha oferta de traballo.
-
FALEMOS DE COMUNICACIÓN ACTIVA
(9 horas no mes de maio a través de zoom)
Que tal falas de ti mesmo? A comunicación e chave do mundo laboral. Ter empatía, demostrar capacidade de adaptación y contar cun boa rede de contactos está a noso alcance.
-
PLANIFIQUEMOS OBXECTIVOS
(8 horas no mes de xuño, a elixir entre zoom e presencial)
Elaboraremos xuntos un plan de acción personalizado, e un/a mentor/a estará o teu lado para facer planificación e seguimento.
-
TRABALLEMOS EN EQUIPO
(un día no Camiño no mes de xuño, actividade presencial)
Faremos unha etapa do Camiño de Santiago na que compartir coñecementos e experiencias con outros mozos e outros non tan mozos, que servirá como colofón da aprendizaxe do programa e peche do mesmo.
