Comeza o proceso de selección dos obradoiros de emprego que, co apoio da Xunta, permitirán a contratación de 472 persoas

Mér, 12/09/2018 - 08:30

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu esta mañá a reunión cos alcaldes e representantes municipais do medio cento de concellos da provincia de Lugo que se benefician das axudas da Xunta polas que se financian os obradoiros de emprego.

A reunión tiña por obxecto coordinar e consensuar o calendario, tanto no que respecta á selección do futuro alumnado, como no relativo á contratación do persoal de dirección, administración e docencia. A Xunta estima que os obradoiros permitirán a contratación de 472 persoas.

Unha vintena de obradoiros de emprego

Os primeiros en iniciar este proceso serán os obradoiros do programa de garantía xuvenil, que teñen como destinatarios a menores de 30 anos. A selección comezará mañá mesmo, coa intención de que estean xa en marcha antes de que remate este mes. Na nosa provincia hai concedidos dous: un en Ribadeo e outro en Lugo.

Por outra banda, os 18 obradoiros restantes, que se impartirán na modalidade dual, teñen estimado o comezo do proceso de selección a partir do día 19 de setembro, co obxecto de que podan poñerse en marcha ao longo do mes de outubro.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/33465/comienza-proceso-seleccion-los-talleres-empleo-que-con-apoyo-xunta-permitiran