Conde salienta que Galicia aposta polo talento e que a innovación é a grande aliada do emprendemento

Lun, 26/02/2018 - 08:30

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo hoxe en valor o talento e a creatividade que existe en Galicia salientando que son claves para o emprendemento. “Temos que fundamentar a nova economía sobre a cultura do emprendemento, o que significa facer unha aposta polo tanto e as novas ideas”, apuntou, ao tempo que fixo referencia a que a innovación xoga, polo tanto, un papel determinante e é a gran aliada do emprendemento.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/28467/conde-salienta-que-galicia-aposta-polo-talento-que-innovacion-gran-aliada-emprendemento