A Consellería de Educación recoñece 43 iniciativas de centros de formación profesional cos premios a proxectos de innovación

Mér, 15/05/2019 - 08:30

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. A través dela recoñécese a calidade dun total de 43 proxectos de centros de ensino das 4 provincias galegas. A dotación económica total para estes premios ascendeu a 800.000 euros.

O obxectivo desta convocatoria é impulsar iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da FP, ao tempo que se fomenta a colaboración con empresas e institucións do seu contorno e con outros centros educativos e se favorece o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/39845/conselleria-educacion-reconoce-43-iniciativas-centros-formacion-profesional-con