CONVÓCASE A PROBA ESPECÍFICA DE VALIDACIÓN DE PROFESIONAIS SEN FORMACIÓN PREVENTIVA ESPECIALIZADA PARA INSCRICIÓN NO REXISTRO DE COORDINADORES E COORDINADORAS EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE NAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN.

Lun, 27/01/2014 - 09:59
1. Convocatoria. Convócase a proba específica de validación para profesionais sen formación preventiva especializada que desexen inscribirse no Rexistro de coordinadores e coordinadoras en materia de seguridade e saúde nas obras de construción. 2. Solicitudes e prazo de presentación. a) Aqueles profesionais que desexen realizar a proba de validación deberán solicitalo á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, achegando a documentación establecida no anexo do Decreto 153/2008, indicando no recadro correspondente ao punto «OUTRAS» do punto 5 do anexo («Documentación adxunta») que se solicita a realización da proba. b) O prazo de solicitude será de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución. 3. Requisitos. a) Para os efectos do establecido no artigo 12.2 do Decreto 153/2008, considerarase como experiencia continuada polo menos dous anos de exercicio como coordinador. b) A xustificación do cumprimento dos requisitos realizarase mediante a presentación do documento de designación de acordo co establecido no artigo 3.1 do Real decreto 1627/1997, ou certificación emitida polo/a promotor/a, en que se relacionen as obras en que foi designado/a o/a coordinador/a. O/a solicitante deberá xuntar unha declaración responsable da duración do seu nomeamento de coordinador/a en cada unha das obras. 4. Avaliación da proba. a) A proba será convocada, realizada e avaliada por un tribunal formado polo xefe do Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, que actuará como presidente; un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e un técnico proposto pola Fundación Laboral de la Construcción como vogais, e exercerá como secretario unha persoa integrante do persoal adscrito á Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. b) A proba versará sobre o contido do programa establecido no anexo I do Decreto 153/2008. Constará de 60 preguntas tipo test, de resposta única, e establecerase en 40 o número de respostas correctas necesarias para obter a cualificación de apto. c) Unha vez avaliados os exercicios, o tribunal elevará proposta de resolución da validación establecida no artigo 12.1 do Decreto 153/2008 ao director xeral de Traballo e Economía Social. 5. Publicidade. A lista de admitidos, a data e o lugar de realización da proba de avaliación, as solucións á proba de avaliación e as cualificacións serán publicadas na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, na súa epígrafe de Prevención de riscos laborais. (http://traballo.xunta.es/portada-rexistro-de-coordinadores-de-seguridade-laboral) 6. Procedemento de inscrición dos solicitantes validados. A inscrición no rexistro dos solicitantes validados realizaraa de oficio o Servizo de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Traballo e Benestar, utilizando os datos achegados na solicitude http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140127/AnuncioCA05-170114-0002_gl.pdf