Doce participantes no Plan de Inclusión recibirán formación como auxiliar de caixa en Ourense

Lun, 21/04/2014 - 09:20
Un curso do Plan de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar achegará dende o luns formación ocupacional como auxiliar de caixa a doce persoas en Ourense. O curso, que se desenvolve no marco dun convenio co Hipermercado Carrefour, inclúe módulos de contidos teóricos sobre o coñecemento básico da empresa, organización e traballo da liña de caixas, atención ao cliente, imaxe e comportamento, medios de pago, protocolos de actuación na prevención de perdas e prevención de riscos laborais. Inclúe asimesmo formación práctica co obxectivo de falicitar aos participantes a adquisición de coñecementos adaptados ás esixencias do mercado laboral e, en último termo, a súa inserción laboral. Distintas accións cara á inserción Esta actividade forma parte das accións formativas programadas para os participantes do Plan Galego de Inclusión Social coa finalidade de favorecer e posibilitar a inserción laboral, a través dunha formación que aumente as súas competencias no mercado de traballo. O Plan Galego de Inclusión Social desenvolve distintos tipos de accións, que levan aos participantes por un itinerario personalizado que ten como obxectivo final a inserción laboral. Esas accións poden ser cursos de competencias persoais ou de técnicas de busca de emprego, formación ocupacional ou prácticas en empresas, entre outros.