O contrato para a formación e a aprendizaxe ten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores, nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa, con actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo.
- Este é un instrumento destinado a favorecer a inserción laboral dos mozos.
- Ten por obxecto a cualificación profesional dos traballadores nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa.
- A actividade formativa recíbese no marco:
- Do sistema de formación profesional para o emprego (Certificados de profesionalidade) ou
- Do sistema educativo (Título de Formación Profesional)
Aspectos laborais
Requisitos dos traballadores:
- Que no teñan cualificación para un contrato en prácticas.
- Entre 16 e 25 anos (menores de 30 anos ata que a taxa de desemprego se sitúe por debaixo do 15%.
- Sen límite de idade para persoas con discapacidade, colectivos de exclusión social en empresas de inserción e alumnos de Escolas-Obradoiro, Casas de Oficio, Obradoiros de Emprego e Programas de Emprego-Formación.
Duración: Mínimo 1 ano – máximo 3 anos (Mínimo 6 meses por convenio colectivo).
Salario: Non inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
Requisitos dos traballadores:
- Redución das cotas empresariais ao 100% para empresas de menos de 250 traballadores e do 75% para empresas de máis de 250 traballadores.
- Financiamento da formación: Bonificacións nas cotas empresariais por un número de horas equivalente aos seguintes porcentaxes da xornada laboral:
TraballadoresAnos de contrato
Primeiro anoSegundo anoTerceiro ano
En xeral25%15%15%
Beneficiarios de garantía xuvenil50%25%25%
Bonificación adicional para financiar os custos de titoría da empresa, cunha contía máxima de 1,5 euros por alumno e hora de titoría, cun máximo de 40 horas por mes e alumno. En empresas de menos de 5 traballadores a contía máxima poderá ser de 2 euros por alumno e hora de titoría.
- No caso de transformarse en indefinidos durante 3 anos: 1500 € ou 1800 € para mulleres.
Beneficios para o traballador:
- Redución do 100% da cota do traballador
- Total protección social
- Desemprego
- Cualificación profesional
Aspectos formativo
A actividade laboral desenvolvida polo traballador na empresa deberá estar relacionada coa actividade formativa.
O obxectivo da formación é a cualificación profesional das persoas traballadoras
- Títulos de Formación Profesional de grao medio ou superior
- Certificados de Profesionalidade de nivel 1,2 e 3 de cualificación.
Poderá incluír formación complementaria que estea incluída no Catálogo de Especialidades Formativas.
No sistema de formación para o emprego, se poderá impartir en modalidade presencial ou teleformación en los centros acreditados/inscritos.
No sistema educativo se poderá impartir en modalidade presencial ou a distancia.
Autorización de inicio da actividade formativa
A actividade formativa será autorizada previamente ao inicio do contrato pola administración competente. A autorización solicitarase a través dunha aplicación posta a disposición polo SEPE:
Custos da formación e o seu financiamento
- Mediante bonificacións nas cotas empresariais da Seguridade Social. Serán de aplicación os artigos 8, 9 10 e 11 da Orde do ESS/2518/2013, modificada pola Orde ESS/41/2015.
- Os custos que se poden financiar da formación calcularanse segundo os módulos:
- Modalidade presencial: Custos hora/ participante serán de 8 euros.
- Modalidade a distancia/teleformación : Custos hora/alumno será de 5 euros.
- Bonificación adicional por titorízación: contía máxima de 1,5 euros por alumno e hora de titoría, cun máximo de 40 horas por mes e alumno.
- En empresas de menos de 5 traballadores, o importe da contía máxima anterior será de 2 euros por alumno e hora.
- Contía máxima da bonificación que poderá aplicarse a empresa será a correspondente a un número de horas equivalente ao 25 % da xornada durante o primeiro ano e ao 15 % da mesma durante o segundo e terceiro año.
No caso dos contratos cuxos beneficiarios estean incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil, o importe das porcentaxes anteriores será do 50% e o 25% respectivamente.
- O pago aos centros de formación acreditados ou autorizados, de titularidade privada: a empresa aboará mensualmente ao centro o custo da formación, podéndose aplicar por iso as correspondentes bonificacións nas cotas á Seguridade Social, segundo artigo 10 da Orde ESS 2518/2013.
- O centro emitirá á empresa factura mensualmente especificando: nome do centro, representante do mesmo, datos dos participantes, formación realizada, número de horas de formación do mes liquidado e data da factura.
- O centro de formación, ou a empresa no seu caso, comunicarán ao Servizo Público de Emprego Estatal, mediante o Rexistro Electrónico, todos os datos anteriores, periódicamente segundo se vai facturando, ou dentro do mes seguinte á terminación do exercicio orzamentario.
- A formación complementaria poderase financiar a través do presuposto do Servizo Público de Emprego Estatal, segundo o apartado 2 do artigo 4 da Orde ESS/2518/2013, na súa redacción dada pola Orde ESS/41/2015, de 12 de xaneiro.
LEXISLACIÓN
Para coñecer a lexislación aplicable á formación dual fai clic aquí
