Gabadi crea en Narón unha alternativa aos "floteles" pioneira no mundo

Ven, 13/04/2018 - 08:30

Cunha posta de escena ao máis puro estilo norteamericano, a empresa naronesa Gabadi anunciou onte dous proxectos millonarios e pioneiros no mundo. Acaba de crear unha alternativa aos "floteles": un aloxamento modular a base de conedores, para os traballadores de plataformas petrolíferas e parques eólicos marinos. E tamén logrou un contrato con China para construir tanques de gas natural licuado (GNL) para o maior portacontedores do mundo.

A alternativa aos "floteles" chega así dunha empresa que operou dende 1989 no entorno da ría de Ferrol. Aquel famoso buque hotel de Navantia para Pemex non alcanzou todos los éxitos esperados: nin a nivel laboral, nin tecnolóxico, nin comercial (segue anclado en Fene). Pero as auxiliares do metal non se durmiron durante a crise naval. E Gabadi xa enviou os seus módulos de aloxamento ás plataformas petrolíferas de Pemex. Dende o que se chama "punto de inflexión en 2013" (un dos peores anos dos estaleiros), a empresa pasou do 95% dos seus ingresos en España ao 80% no estranxeiro actualmente.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/gabadi-crea-naron-alternativa-floteles-pionera-mundo/idEdicion-2018-04-11/idNoticia-1109520/