Gabriel Alén subliña que os obradoiros de emprego melloran as posibilidades de inserción laboral dos veciños

Mér, 29/09/2021 - 11:59

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, clausurou o obradoiro de emprego As Veigas V que promoveu o concello de Porqueira cos municipios de Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, e Calvos de Randín e no que a Xunta investiu 352.946,00 euros; ao tempo que anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, As Veigas tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de case 353.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade.

Gabriel Alén, que estivo acompañado polas alcaldesas de Porqueira, Susana Vázquez, e de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, e dos alcaldes de Baltar, José Antonio Feijóo, Os Blancos, José Manuel Castro, e de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, destacou a importancia destes programas porque ofrecen formación de calidade e acceso a un posto de traballo, salientando que a formación é clave para favorecer o acceso a empregos de calidade. Tamén subliñou a importancia da colaboración entre as administracións públicas, neste sentido indicou que os concellos son as entidades que mellor coñecen as necesidades dos diferentes territorios para incidir no tecido empresarial e mellorar as posibilidades de inserción laboral dos veciños.

O delegado territorial destacou que os obradoiros están dirixidos á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

O representante do Goberno galego subliñou que estes programas mixtos de formación e emprego porque “aportan unha formación eminentemente práctica” ao tempo que son “unha oportunidade para as persoas que se atopan nunha situación de desemprego”. Con estes obradoiros a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo. Hoxe mesmo, os participantes recibiron un diploma que acredita tanto a experiencia formativa como a actividade laboral desenvolvida polos alumnos.

o delegado territorial concluíu que, “todos somos conscientes de que canto maior sexa a cualificación e as competencias dos nosos traballadores, maiores son as posibilidades de acceso ao mercado de traballo”, e polo tanto, a Xunta seguirá apostando polos obradoiros “como ferramenta para promover a inserción laboral”.

Gabriel Alén presidiu o acto de entrega aos 20 alumnos do obradoiro As Veigas V que desenvolveron actuacións e traballos de reparación de tanques en Fontearcada, Mouril, Covas, Ouvigo e Outeiro no concello dos Blancos; en Calvos de Randín, levaron a cabo melloras no comedor, cociña, zona de descanso e recepción no antigo grupo escolar; rehabilitaron a vivenda social da Saínza en Rairiz de Veiga; recuperaron fontes, lavadoiros e outros na ruta de sendeirismo de Porqueira; e no concello de Baltar fixeron actuacións na piscina municipal, no punto de acceso ás autocaravanas e colocaron un muro no Centro de Saúde.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/62251/gabriel-alen-subraya-que-los-talleres-empleo-mejoran-las-posibilidades-insercion?langId=gl_ES