Gadisa supera os 7.000 empregados logo de subir un 3,7% a súa cifra de negocio ata os 1.140 millóns

Xov, 24/05/2018 - 08:30

A distribuidora galega Gadisa supera por primeira vez a barreira dos 7.000 empregos, cunha plantilla de 7.212 traballadores a peche de 2017. A compañía de supermercados xerou 321 postos de traballo directos nun exercicio no que rexistrou un crecimento da súa facturación do 3,7% ata alcanzar os 1.140 millóns de euros.

A firma explicou que a creación de emprego está directamente relacionada coa execución do plan de aperturas e ampliación de supermercados. 

http://www.farodevigo.es/economia/2018/05/22/gadisa-supera-7000-empleados-subir/1895885.html